O Entroido
Ribeirao, que se representa na comarca de Chantada, é o único de
carácter ancestral que pervive na provincia de Lugo.
As súas orixes
pérdense no tempo, mais diferentes estudos situano varios séculos
atrás, cando o señor feudal acompañado dos seus gardiáns, cobraba os
impostos á xente das aldeas, e estas, nun xeito de burla e farsa,
crearon a figura do volante (señor feudal) e o maragato ou
peliqueiro (gardián), surxindo así o entroido.
As figuras máis
representativas desta festa son: o volante, maragato e os mecos.
|
VOLANTE Nos seus inicios a figura do volante vestia calzón largo e camiseta branca (muda interior), nos pés levaban o mellor calzado que tiñan. Sobre as pernas, e co fin de evitar lesións musculares, unhas vendas dende o nocello ata case os xeonllos. Nos ombros portaban un pano ou manto, procedente das avoas que usaban para abrigarse, cruzado por diante e atado ás costas. Na cabeza unha pañoleta. Como elementos principais levaban na cintura un cinto, chamado correón, con 24 campaíñas, que lle eran quitadas ao gando para dito evento. Na cara unha careta chamada carauta, feita de papel, tea e unha masa de fariña e auga,cocida ao calor . Sobre a cabeza un pucho de grandes dimensións, recuberto de flores feitas a man, con follas de verzas e repolo, que se deixaban secar para moldear en forma de rosa, margarita... Así mesmo da parte traseira e lateral do pucho colgaban unhs mollos de palla, ou cintas de papel tintado artesanalmente. No medio, unha na parte dianteira e outra na traseira, dúas bonecas simulando dous nenos xogando no campo. No día de hoxe o seu traxe ten anha cor moi chamativa: vermella e amarela . Moita xente pensa que estas cores representan a bandeira española, porén, débese a que foi a primeira rechamante que foi comercializada na contorna que tiña dúas cores. O calzado é zapato de vestir. Nas mans guante branco, e, como utensilio de apoio e defensa, se fixera falta, portan un caxato. |
|---|
MARAGATO OU PILIQUEIRO É un personaxe que apenas tivo cambios. A súa indumentaria era e é roupa vella, con pelicas nas costas, pernas e cara. As pelicas procedían de animais que se mataban ou morrian nas casas: carneiros, ovellas, coellos... Na man un cinto que se fai mover pegando na pelica que levan ás costas, a modo de aviso, e que usan para pegarlle a todo aquel que se meta co volante, invada o seu dominio, ou intente desfacer os oficios. Antano polas mañás, ían de casa en casa cunha pelica para recoller viño, e máis tarde vendelo ou darllo de beber á xente que ía ver o entroido. A cambio, os volantes cruzaban as hortas e morteiros nun xeito de invocación ós deuses para que as terras despertasen do seu letargo do inverno e se puxeran a producir colleitas, (feito que aínda se conserva na parroquia de Santiago de Arriba). |
![]() |
|---|
OS MECOS Son os personaxes que fan unha representación a modo de teatro mudo, con xestos, acenos ou ruidos bucais. Nos seus inicios eran homes, pero hoxe fanos tamén mulleres debido á falta de veciños . As suas roupas eran e son o máis estrafalarias posibles. Deste xeito levan a cara cuberta para non seren recoñecidos, xa que os oficios fanse en lugar aberto e rodeadoos de público, sen ensaio previo, sendo todo innovación a partir dunha pequena idea. Antano representábanse oficios ou profesións, ou mesmo unha crítica a algún veciño. A día de hoxe tamén se fan representacións de casos ou actos que están de moda, ou que poden chamar a atención dalgunha maneira. |
![]() |
|---|
O Enroido Ribeirao
nos seus inicios celebrábase en case todas as parroquias da ribeira
chantadina: San Pedro de Líncora, Camporramiro, Santiago de Arriba,
Sariña, Nogueira ou Vilauxe. Entre elas establecíase unha auténtica
rivalidade para conseguir ser a parroquia que mellor os facía .
Cando surxíu a
Guerra Civil, prohibiuse a súa celebración. Por este motivo deixouse
de representar nalgunhas aldeas, e nas outras facíase con moito
secretismo e vixilancia , ata tal punto que ningén sabía quen se ía
vestir, nin sequera entre a mesma familia, polo medo ás posibles
reaccións da garda civil . Sirva como exemplo o feito ocorrido unha
vez en Santiago de Arriba, cando o cura a chamou en plena
celebración do entroido . Á súa chegada todos fuxiron como puideron.
Un volante , na sua escapada , quitou o correón que acabou no
cuartel e cunha orden do goberno civil de desfacer as campaíñas
.Isto non ocorreu grazas a unha amizade que fixo posible podelas
cambiar por outras de menor
valor.De todos os xeitos os veciños tiveron
que pagar unha multa de 300 ptas. para recuperar o cinto da
parroquia.
Debido á
despoboación foise deixando de celebrar o entroido en moitos
lugares. Deste modo nos anos 80 celébrase un ano nunha parroquia, e
outro ano noutra, chegando incluso a non se celebrar nalgunha
ocasión.
Na década dos 90
soamente Nogueira e Vilauxe tiñan o orgullo de representalos .
A día de hoxe, e
tras unha reunión de veciños e simpatizantes creouse unha asociación
que leva o nome de: "Asociación Amigos do Entroido Ribeirao", que
vén celebrando o entroido dunha forma seguida dende o ano 2000 nas
parroquias de Nogueira e Santiago de Arriba e que ten entre as súas
metas, a involucración
dos nenos, coa fín de que algo que
está na historia nosa nin se esqueza nin morra.


